Kod: 13254410
O xornalista pontevedrés Sebastián Faraldo viaxa a Barcelona para escribir sobre o combate polo título mundial de peso pluma. Estamos en 1934, con Cataluña sumida en plena euforia republicana e nacionalista. O boxeador galego Manu ... więcej
110.15 zł
Dostępność:
50 % szansaOtrzymaliśmy informację, że książka może być ponownie dostępna. Na podstawie państwa zamówienia, postaramy się książkę sprowadzić w terminie do 6 tygodni. Gwarancja pełnego zwrotu pieniędzy, jeśli książka nie zostanie zabezpieczona.Wpisz swój adres e-mail, aby otrzymać od nas powiadomienie,
gdy książka będzie dostępna. Proste, prawda?
Za ten zakup dostaniesz 64 punkty
O xornalista pontevedrés Sebastián Faraldo viaxa a Barcelona para escribir sobre o combate polo título mundial de peso pluma. Estamos en 1934, con Cataluña sumida en plena euforia republicana e nacionalista. O boxeador galego Manuel Ramírez Castro, alcumado o Camión, vai participar na mesma serie de veladas para intentar atopar o seu sitio no mundo das catro cordas. En Olympia Ring, 1934, Xabier López López fai regresar ao carísmático xornalista, obeso e sentimental, que lectoras e lectores coñecen da novela A vida que nos mata, coa que o seu autor obtivo o Premio García Barros en 2003. Barcelona, outono de 1934. Mentres a cidade se recupera das consecuencias da frustrada proclamación do Estado catalán, os afeccionados ao boxeo prepáranse para presenciar o combate polo título mundial do peso pluma entre Josep Gironés e Freddie Miller. Na mesma serie de veladas tamén vai participar o prometedor púxil galego Manuel Ramírez Castro, O Camión, desexoso de atopar un oco no mundo das catro cordas. Ata alá viaxa Sebastián Faraldo, reconvertido en cronista deportivo. Ninguén pode sospeitar que a lona vai ser escenario dun sofisticado asasinato. Olympia ring, 1934 é unha novela que revitaliza o xénero negro ao hibridalo coa novela histórica. A actualidade política da España de 1934 e o ambiente do boxeo e dos baixos fondos ùcon antecedentes claros na novela negra e no cinema norteamericanosù conflúen nunha ficción na que as referencias á cultura de masas comparten territorio con chiscadelas humorísticas e un xeito sabio de dispoñer o material narrativo para engaiolar lectores intelixentes, que gusten de xogar co autor nesta pescuda da xustiza a través do tempo.
110.15 zł
Od roku 2008 obsłużyliśmy wielu miłośników książek, ale dla nas każdy był tym wyjątkowym.
Copyright! ©2008-24 libristo.pl Wszelkie prawa zastrzeżonePrywatnieCookies
Dobre na wszystkich stronach
Koszyk ( pusty )
Twoja lokalizacja: