18 523 037 książek w 175 językach
Jednak się nie przyda? Nic nie szkodzi! Możesz zwrócić produkty nawet do 30 dni
Bon prezentowy to zawsze dobry pomysł. Obdarowany może za bon prezentowy wybrać cokolwiek z naszej oferty.
Nawet do 30 dni na zwrot
Edicións Laiovento ofrece nesta ocasión ao público lector a versión galega, actualizada, do libro España uniforme de José Ignacio Lacasta-Zabalza, intelectual de estilo brillante, heterodoxo, lúcido e de personalidade coerente. A partir dun rexistro correcto, non exento de fondo rigor académico e inserido, por veces, nun ambiente sarcástico, o autor amosa un discurso perfectamente argumentado, ben razoado e alleo ao discurso oficialista do sistema que concorda coa vocación de revolta contra a uniformidade española. Unha uniformidade que, segundo o autor, non está exenta de perigo antidemocrático, contra a que fago miña unha aguda reflexión de Castelao “A cegueira dos hespañoes é mal que non ten cura, porque é cegueira voluntaria. Cerran os ollos para non veren”. Cumprindo coa nosa obriga de estarmos informados do que está a acontecer no resto do Estado español, sentímonos moi honrados de compartir cos lectores e lectoras a obra dun intelectual de altura, como é o caso de José Ignacio Lacasta-Zabalza.