18 523 037 książek w 175 językach
Jednak się nie przyda? Nic nie szkodzi! Możesz zwrócić produkty nawet do 30 dni
Bon prezentowy to zawsze dobry pomysł. Obdarowany może za bon prezentowy wybrać cokolwiek z naszej oferty.
Nawet do 30 dni na zwrot
Vivimos un tempo de retroceso, de aumento das desigualdades, desubtracción das liberdades, un réxime mundial de pensamento groseiro,de rearmamento bélico e abaratamento humano, de desfeita ecolóxica, da fin do mito da «globalización feliz». Vivimos nun Estado deVergo?a.Este libro está escrito contra Todo Isto.Todo Isto é descivilización.Todo Isto é produción de medo para achicar a liberdade. E a produciónde odio contra o diferente.Todo Isto é subtracción do benestar e dos dereitos democráticos.Todo Isto é a multiplicación de muros e fendas de desigualdades.Todo Isto é o machismo como sistema.Todo Isto é a guerra contra a natureza.Todo Isto é domesticación intelectual.Todo Isto é corrupción sistémica, paraísos fiscais, unha mestura deeconomía gris e criminal. Todo Isto é desmemoria, ou peor aínda, contramemoria. Este é un libro que non invita á fuxida, senón a correr cos brazosabertos cara ao mundo, cando o sentimento de vergo?a abre paso a unhasaudade rebelde, a unha loita para arrincar a esperanza dos brazos doconformismo.Este é un libro do sentir e do pensar, unha literatura na beira, quequere pór a liberdade no corpo da linguaxe.